×

Mensaje de estado

El evento está cerrado y no se admiten inscripciones.

REGULAMENTO

ORGANIZACIÓN

O ANPA Colexio PP. Somascos organiza a” III Carreira inclusiva Revirando”. Trátase dunha proba solidaria non competitiva que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade cara a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.

DATA, HORA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

A proba celebrarase o domingo de 14 maio, na Alameda de A Guarda dende as 10:45 h. a.m.

PERCORRIDO E DISTANCIA

O circuíto terá o seguinte trazado

  • Modalidade 1 - 3800 m (carreira ou andaina): Alameda, Manuel Álvarez, Circunvalación e volta a Alameda.

  • Modalidade 2 – 1000 m (carreira ou andaina) : Alameda, Manuel Álvarez e volta a Alameda.

A saída e a meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda.

ORGANIZACIÓN DA SAÍDA

10:45h

      • Caixón 1 - Mobilidade reducida (DisCamino)

      • Caixón 2 - Carreira

      • Caixón 3 – Andaina


 

*A organización resérvase o dereito a modificar os criterios da saída para certificar a seguridade da mesma, por causas propias ou alleas, previa aviso nas redes socias do evento.

AVITUALLAMENTO

A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido e sólido ao finalizar as probas en liña de meta.

PARTICIPACIÓN

Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas formas establecidas para elo.

INSCRICIÓN

A cota de inscrición será da seguinte:

    • Adultos: 9,00€

    • Menores de 16 anos: 4,00€

Dorsal 0:No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa da carreira pero si queiran contribuír a que REVIRANDO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo que será doado a Asociación AGAELA.

A inscrición farase efectiva a través dos seguintes métodos:

  1. https://inscriu.me/es/revirando-a-guarda-iii

  2. Formulario de Google (cubrir formulario e pago posterior na oficina de ABANCA, mandando o xustificante de pago ao correo electrónico [email protected])

  3. Recoller formulario de inscrición en Colexio Padres Somascos (cubrir formulario e pago posterior na oficina de ABANCA e entregar inscrición e xustificante de pago na secretaría do colexio).

Farase ingreso o transferencia bancaria na ABANCA (ES57 2080 5038 4430 4003 3837) indicando no concepto "REVIRANDO nome e apelidos" das persoas inscritas.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Do 11/04/2023 ao 01/05/2023 terán de agasallo unha camiseta técnica.

Do 02/05/2023 ao 11/05/2023 quedarán inscritos sen camiseta.

*No caso de chegar a 1000 inscritos pecharase a inscrición antes da data sinalada. O peche das inscricións publicarase nas redes socias dos centros organizadores.

Os participantes que non finalicen o proceso de pago dentro do prazo, non quedarán inscritos.


 

DORSAIS

Poderan recoller os dorsais no colexios PP. Somascos o venres 12 de maio de 13:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00 ou no mesmo día da proba dende as 10 da mañá ata a hora de saída.


 

LIÑA DE META - ACTIVIDADES

1) Haberá un campo de baloncesto no que o equipo campión de Europa en cadeira de rodas, IBERCONSA AMFIV, ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade. Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen.

2) Teremos un PATIO INCLUSIVO. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.

3) Partidas simultáneas de Xadrez

3) Concerto do grupo.

4) Faremos entrega dos PREMIOS REVIRANDO a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade.

5) Como colofón do evento teremos un SORTEO con múltiples agasallos a sortear.

*Ao peche do regulamento poden variar as condicións do sorteo.


 

SEGURO E RESPONSABILIDADE CIVIL

O evento consta coa responsabilidade civil e seguros obrigatorios correspondentes. Quedan excluídos os seguintes casos.

a) Os que non den lugar a indemnización segundo a Lei de Contrato de Seguro.

b) Os ocasionados en persoas aseguradas por contrato de seguro distinto a aqueles en que é obrigatorio o recargo a favor do Consorcio de Compensación de Seguros.

c) Os producidos por conflitos armados, aínda que non precedera a declaración oficial de guerra.

d) Os derivados da enerxía nuclear, sen prexuízo do establecido na Lei 12/2011, de 27 de mayo, sobre responsabilidade civil por danos nucleares ou producidos por materiais radioactivos.

e) Os producidos por fenómenos da natureza distintos aos sinalados no artigo 1.a) anterior, e en particular, os producidos por elevación do nivel freático, movemento de ladeiras, escoramento o asentamento de terreos, desprendemento de rocas y fenómenos similares, salvo que estes foran ocasionados manifestamente pola acción da agua da choiva que, a súa vez, provocara na zona unha situación de inundación extraordinaria y se produxeran con carácter simultáneo a dita inundación.

f) Os causados por actuacións tumultuarias producidas no curso de reunións e manifestacións levadas a cabo conforme ao disposto na Lei Orgánica 9/1983, do 15 de xullo, reguladora do dereito de reunión, así como durante o transcurso de folgas legais, salvo que as citadas actuacións poderán ser cualificadas como acontecementos extraordinarios conforme al artigo 1.b) anterior.

g) Os causados por mala fe do asegurado.

h) Os correspondentes a sinistros producidos antes do pago da primeira prima ou cando, de conformidade co establecido na Lei de Contrato

de Seguro, a cobertura do Consorcio de Compensación de Seguros estea suspendida ou o seguro quede extinguido por falta de pago de primas.

i) Os sinistros que pola súa magnitude e gravidade sexan cualificados polo Gobierno da Nación como de "catástrofe ou calamidade nacional".


 

Para calquera dúbida ou pregunta poderán mandar un correo electrónico a [email protected]


 

PLIEGO DE DESCARGO DE RESPONSABILIDADES E PROTECCIÓN

ACREDITACIÓN DE DATOS. Os participantes deberán dispor de documentos acreditativos suficientes (preferentemente, Documento Nacional de Identidade) para demostrar a súa idade, sexo, domicilio ou natureza. Esta documentación poderá ser requirida polos membros da Comisión Organizadora no momento da entrega de dorsais.

VERACIDADE NOS DATOS. Os participantes garanten a veracidade, exactitude e vixencia dos datos persoais proporcionados.

PROTECCIÓN DE DATOS. Os datos facilitados a través do formulario de inscrición poderán ser incorporados a ficheiros, automatizados ou non, coa intención de xestionar a súa solicitude e o desenvolvemento da proba. Os participantes poderán exercer #ante esta Comisión Organizadora os seus dereitos de acceso, rectificación ou cancelación dos seus datos.

CONDICIÓNS PREVIAS A CARREIRA. Todos os participantes tomarán parte na carreira voluntariamente e cada un deles é responsable do seu bo estado e perfecta condición física, que lles asegura, razoablemente, dita participación na proba.

RESPONSABILIDADE DE MENORES. No caso dos corredores menores de idade, serán responsables do seu estado e condición física, adecuados ao desenvolvemento da proba, os correspondentes proxenitores ou titores legais do menor ou incapacitado ou tutelado. Estes deberán ir acompañados sempre por un adulto

ORDEN PÚBLICO. Dada o importante número de persoas que, entre participantes e espectadores, rógase encarecidamente a observancia de cantas indicacións se fagan provenientes dos membros da Organización, e, de forma especial, dos membros dos corpos de seguridade, Garda Civil e Policía Municipal, que, así mesmo, velarán polo bo desenvolvemento da proba

INFRACCIÓNS E DESCUALIFICACIÓNS. A Comisión Organizadora resérvase o dereito de descualificar aos corredores que incumpran as normas básicas para o correcto desenvolvemento da proba.

RECLAMACIÓNS. Tanto sobre os aspectos organizativos como os puramente deportivos, calquera reclamación deberá facerse oralmente á Comisión Organizadora no día da proba. Se a reclamación prodúcese en data posterior á de celebración, deberá facerse por escrito dirixido á mesma Comisión Organizadora.

DEREITOS DE IMAXE. O participante acepta que o organizador capte imaxes da proba e a difusión das mesmas a través dos medios legalmente establecidos. En caso contrario, o participante deberá notificalo por escrito á organización para que se retiren todas as imaxes captadas en relación á proba.

ACEPTACIÓN DESTE REGULAMENTO. Todos os participantes, polo mero feito de realizar a súa inscrición, aceptan a presente Normativa e consenten en canto establécese nela.

 

 

 

 

Español
Inicio inscripciones: 
Martes, 11 Abril, 2023
Final inscripciones: 
Jueves, 11 Mayo, 2023