×

Mensaje de estado

El evento está cerrado y no se admiten inscripciones.

REGULAMENTO

 

ORGANIZACIÓN

O Colexio PP. Somascos e o Colexio de discapacidade intelectual San Xerome organizan a” II Carreira inclusiva Revirando”. Trátase dunha proba solidaria non competitiva que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade cara a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.

 

DATA

A proba celebrarase o domingo 8 de maio.

 

PERCORRIDO E DISTANCIA

 

O circuíto terá o seguinte trazado

  • Modalidade 1 - 3800 m (carreira ou andaina): Alameda, Manuel Álvarez, Circunvalación e volta a Alameda.

  • Modalidade 2 – 1000 m (carreira ou andaina) : Alameda, Manuel Álvarez e volta a Alameda.

A saída e a meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda.

 

ORGANIZACIÓN DA SAÍDA

 

  • 10:30h – Modalidade 1 Carreira

 

  • 10:35h – Modalidade 1 Andaina

     

  • 10:40h – Modalidade 2 (Carreira e andaina)

 

 

Sen embargo, os inscritos da andaina ou con mobilidade moi reducida saíran antes que a modalidade 1 Carreira.

 

*O horario pode modificarse debido a situación derivada da COVID-19 así como poderá aplazarse a data por causas de forza maior.

*A organización resérvase o dereito a modificar os criterios da saída para certificar a seguridade da mesma, por causas propias ou alleas, previa aviso nas redes socias do evento.

 

AVITUALLAMENTO

A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido e sólido ao finalizar as probas en liña de meta.

 

PARTICIPACIÓN

Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas formas establecidas para elo.

 

INSCRICIÓN

A cota de inscrición será da seguinte:

 

  • Adultos: 7,00€

  • Menores de 16 anos: 3,00€

 

En caso de suspensión da proba debido a situación derivada da COVID-19, os pagos efectuados quedarán depositados á espera da nova data.

 

Fila 0:No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero si queiran contribuír a que REVIRANDO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo que será doado a Asociación DisCamino, este deberá ser feito por transferencia e non por pago por tarxeta.

 

A inscrición farase efectiva a través dos seguintes métodos:

  1. https://inscriu.me/es/revirando-a-guarda-ii-0

 

  1. Formulario de Google (cubrir formulario e pago posterior na oficina de BANCO SABADELL, mandando o xustificante de pago ao correo electrónico [email protected])

  2. Recoller formulario de inscrición en Colexio Padres Somascos ou en San Xerome (cubrir formulario e pago posterior na oficina de BANCO SABADELL e entregar inscrición e xustificante de pago na secretaría do colexio).

 

Farase o ingreso ou transferencia bancaria no Banco Sabadell (ES85 0081 2214 1000 0115 7926).

 

Prazo de inscrición: dende o 15 de marzo ata o 4 de maio. Os inscritos antes do 22 de abril terán como agasallo unha camiseta técnica.

*No caso de chegar a 1000 inscritos pecharase a inscrición antes da data sinalada. O peche das inscricións publicarase nas redes socias dos centros organizadores.

 

Os participantes que non finalicen o proceso de pago dentro do prazo, non quedarán inscritos.

 

Lembrar que o evento consta coa responsabilidade civil e seguros obrigatorios correspondentes. Non estarán asegurados aquelas persoas maiores de 75 anos.

Para calquera dúbida ou pregunta poderán mandar un correo electrónico a [email protected]

 

 

DORSAIS

 

Nos colexios PP. Somascos e San Xerome o venres 6 de maio de 13:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00 ou no mesmo día da proba dende as 10 da mañá ata a hora de saída.

 

LIÑA DE META - ACTIVIDADES

 

1) Haberá un campo de baloncesto no que o equipo campión de Europa en cadeira de rodas, IBERCONSA AMFIV, ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade. Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen.

2) Teremos un PATIO INCLUSIVO. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.

3) Partidas simultáneas de Xadrez

3) Concerto do grupo “Uxía Lambona e a Banda Molona”.

4) Faremos entrega dos PREMIOS REVIRANDO a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade.

5) Como colofón do evento teremos un SORTEO con múltiples agasallos a sortear.

*Ao peche do regulamento poden variar as condicións do sorteo.

 

 

Pliego de Descargo de Responsabilidades e Protección

 

ACREDITACIÓN DE DATOS. Os participantes deberán dispor de documentos acreditativos suficientes (preferentemente, Documento Nacional de Identidade) para demostrar a súa idade, sexo, domicilio ou natureza. Esta documentación poderá ser requerida poos membros da Comisión Organizadora no momento da entrega de dorsais.

 

VERACIDADE NOS DATOS. Os participantes garanten a veracidade, exactitude e vixencia dos datos persoais proporcionados.

 

PROTECCIÓN DE DATOS. Os datos facilitados a través do formulario de inscrición poderán ser incorporados a ficheiros, automatizados ou non, coa intención de xestionar a súa solicitude e o desenvolvemento da proba. Os participantes poderán exercer #ante esta Comisión Organizadora os seus dereitos de acceso, rectificación ou cancelación dos seus datos.

 

CONDICIÓNS PREVIAS A CARREIRA. Todos os participantes tomarán parte na carreira voluntariamente e cada un deles é responsable do seu bo estado e perfecta condición física, que lles asegura, razoablemente, dita participación na proba.

 

RESPONSABILIDADE DE MENORES. No caso dos corredores menores de idade, serán responsables do seu estado e condición física, adecuados ao desenvolvemento da proba, os correspondentes proxenitores ou titores legais do menor ou incapacitado ou tutelado.

 

ORDEN PÚBLICO. Dada o importante número de persoas que, entre participantes e espectadores, rógase encarecidamente a observancia de cantas indicacións fáganse provenientes dos membros da Organización, e, de forma especial, dos membros dos corpos de seguridade, Garda Civil e Policía Municipal, que, así mesmo, velarán polo bo desenvolvemento da proba

 

INFRACCIÓNS E DESCALIFICACIÓNS. A Comisión Organizadora resérvase o dereito de descualificar aos corredores que incumpran as normas básicas para o correcto desenvolvemento da proba.

 

RECLAMACIÓNS. Tanto sobre os aspectos organizativos como os puramente deportivos, calquera reclamación deberá facerse oralmente á Comisión Organizadora no día da proba. Se a reclamación prodúcese en data posterior á de celebración, deberá facerse por escrito dirixido á mesma Comisión Organizadora.

 

DEREITOS DE IMAXE. O participante acepta que o organizador capte imaxes da proba e a difusión das mesmas a través dos medios legalmente establecidos. En caso contrario, o participante deberá notificalo por escrito á organización para que se retiren todas as imaxes captadas en relación á proba.

 

ACEPTACIÓN DESTE REGULAMENTO. Todos os participantes, polo mero feito de realizar a súa inscrición, aceptan a presente Normativa e consenten en canto establécese nela.

 

Español
Inicio inscripciones: 
Martes, 15 Marzo, 2022
Final inscripciones: 
Miércoles, 4 Mayo, 2022